Incendios Galicia 24H

Prevención e autoprotección ante incendios forestais

Recomendacións oficiais de autoprotección ante un incendio forestal, coa clasificación dos incendios por niveis e as medidas de prevención e actuación, tal e como as publica a Axencia Galega de Emerxencias (112 Galicia).

A práctica da autoprotección polos cidadáns, ademais de favorecer a cada un deles, xera a seguridade do colectivo.

Clasificación dos incendios forestais

Nivel 0

Incendios que poden ser controlados cos medios de extinción previstos, e non supoñen perigo para as persoas e bens de natureza non forestal.

Nivel 1

Incendios que poidendo ser controlados cos medios de extinción previstos e necesarios a posta en práctica de medidas para a protección das persoas e bens de natureza non forestal.

Nivel 2

Incendios no que para a súa extinción se prevé a necesidade de que sexan incorporados medios non asignados ao plan especial.

Nivel 3

Incendios nos que se considera que está en xogo o interés nacional e así serán declarados polos Ministerio de Interior.

Os incendios forestais prodúcense cando o lume afecta aos combustibles vexetais naturais e propágase a través do monte.

Recomendacións

  • A vixilancia é fundamental para detectar o máis rapidamente posible o lume e comunicalo aos medios de extinción.
  • O sistema de protección civil recolle e xera información sobre as emerxencias existentes e, unha vez avaliados os posibles riscos en función dos seus efectos, decide activar a situación de alerta.
  • Escoite os medios de radio e televisión e siga as recomendacións dadas polas autoridades de Protección Civil.

Medidas de prevención

  • Non faga nunca lume no bosque nin nos seus arredores.
  • Apague ben os mistos e cigarros e non os tire ao chan, nin pola ventá do coche.
  • Elimine a maleza dos arredores da súa casa.
  • Non abandone no monte botellas ou obxectos de cristal.
  • En épocas de risco de incendio, vaia ao monte sempre e cando se coñeza ben o terreo, as vías de comunicacións e camiños alternativos, é preferible facelo sempre por zonas de gran visibilidade.

En caso de incendio

  • Se o lume é pequeno, atáqueo na súa base.
  • Se non se apaga facilmente, avise á Central de Incendios Forestais.
  • Trate de alonxarse polas zonas laterais do lume e sempre en sentido contrario ao da dirección do vento.
  • Procure non dirixirse cara a barrancos, vaguadas, nin intente escapar ladeira arriba cando o lume suba por ela.
  • Alónxese do incendio polas zonas máis desprovistas de vexetación e recorde que un cambio na dirección do vento pode facer que o lume o rodee.
  • Non intente atravesar a pé, ou con calquera tipo de vehículos a estrada afectada por fronte de lume ou con zonas de acumulación intensa de fume que impida a visibilidade. O conveniente é retroceder e buscar camiños alternativos.

Ante calquera situación de emerxencia chame ao teléfono 112.

Chamar ao 112