Aviso legal
Última revisión:
Incendios Galicia 24H é unha web informativa e independente sobre os incendios forestais en Galicia. O acceso é libre e gratuíto, e ao usala aceptas as condicións que se explican aquí.
1. Titular e contacto
Titular: Incendios Galicia 24H, proxecto informativo persoal, sen ánimo de lucro e sen actividade económica. Contacto: [email protected]. Non se publica NIF nin enderezo postal porque non hai actividade económica nin relación contractual que os esixa (LSSI art. 10); se a web pasa a ter publicidade ou calquera outra actividade económica, engadiranse aquí.
2. Obxecto e condicións de uso
- A web ofrece información sobre focos de calor detectados por satélite e sobre o risco diario de incendio en Galicia, con fins informativos e divulgativos.
- O acceso é libre e non require rexistro. Non hai servizos de pago nin contratación electrónica.
- Non está permitido usar a web para actividades ilícitas, para sobrecargala con peticións automatizadas masivas que impidan o acceso doutras persoas, nin para reproducir a súa estrutura ou contenidos presentándoos como propios.
- O servizo presta de forma «tal cal» e pode interromperse por mantemento, fallos da fonte de datos ou causas técnicas e de forza maior.
3. Carácter da información: non é unha fonte oficial
Ante un incendio ou unha emerxencia, chama ao 112. Esta web non substitúe en ningún caso aos servizos de emerxencia nin á información oficial da Xunta de Galicia, do MITECO ou dos concellos.
- Os focos son deteccións de calor por satélite (NASA FIRMS), que poden corresponder a lumes controlados, queimas agrícolas autorizadas ou fontes de calor industriais, e poden presentar falsos positivos.
- A superficie afectada que se mostra é unha estimación propia a partir da enerxía radiativa das deteccións. Non é superficie queimada oficial (Pladiga, MITECO ou EFFIS).
- O nivel de risco é o oficial publicado pola Consellería do Medio Rural (IRDI), pero pode actualizarse con menor frecuencia cá fontanería da web: consulta sempre a fonte orixinal para decisións.
- O resumo de noticias son titulares e imaxes de medios de comunicación, enlazados ás súas webs: os dereitos son dos seus autores e non se reproduce o seu contido.
4. Propiedade intelectual e atribución
- O código, os textos propios, o deseño e a marca da web pertencen ao titular.
- Datos de satélite: NASA FIRMS (LANCE/EOSDIS), de uso libre coa súa atribución, que se mostra en todas as páxinas.
- Risco diario: IRDI da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, citado en cada bloque.
- Predición meteorolóxica: AEMET, citada no bloque do tempo.
- Cartografía e teselas: © Esri, Maxar, Earthstar Geographics, HERE, Garmin, FAO, NOAA, USGS e © OpenStreetMap contributors (ODbL); límite de Galicia © OpenStreetMap contributors. As atribucións amósanse no propio mapa.
- Titulares e imaxes dos medios: © La Voz de Galicia e © Faro de Vigo. Móstranse só como titular, fonte, data, ligazón e miniatura do propio feed, citando sempre a autoría, sen reproducir o contido.
5. Enlaces externos
A web inclúe ligazóns a sitios de terceiros (medios de comunicación, AEMET, Xunta de Galicia, Google Maps). Non controlamos eses sitios nin respondemos do seu contido, das súas políticas de privacidade ou da súa dispoñibilidade.
6. Responsabilidade
A información publicada ten carácter orientativo. O titular non garante que estea exenta de erros nin que os datos de terceiros cheguen completos ou a tempo, e non será responsable dos danos ou decisións que se tomen a partir dela. A persoa usuaria é responsable do uso que faga da información e da verificación nas fontes oficiais.
7. Protección de datos e cookies
O tratamento de datos persoais explícase na política de privacidade e o que se garda no navegador, na política de cookies. Esta web non recolle datos por si mesma nin usa cookies de seguimento.
8. Lexislación aplicable e cambios
Estas condicións réxense pola lexislación española. Para calquera controversia, e salvo que a normativa de consumo estableza outro foro, as partes sométense aos xulgados e tribunais do domicilio do titular. O aviso pode actualizarse; a data de revisión desta páxina indica a última versión.
Contacto: [email protected]
